proxectoestrume Xaneiro 2010
ESTAMOS DE VOLTA!!

comezo

descarga

arquivo

axenda

galeria

ligazóns

contacto
encóntraste en: fiestras > proxectoestrume
buscador:
seccións Música  Literatura  Cinema  Faenando na rede  Información contracultural  Reportaxes  Fanzines vellos  
Berrogüetto. Hepta. Boa 2001.
E o ghetto volveu berrar, cuspindo dende o seu imaxinario máis profundo un terceiro traballo que é moito máis ca un disco: é Hepta.

Sete músicos, sete notas musicais, sete cores, sete as belas artes, sete os convidados e setenta veces sete as veces que vos ides masturbar mentalmente na escoita do devandito disco.

CONVIDADOS:
George Rousse. Artista parisino coñecido pola reinterpretación que realiza a traverso da fotografía ou pintura de espacios artísticos en ruínas ou á espera de restauración, que leva o peso do traballo gráfico na antiga fábrica de cerámicas de Sargadelos, introducindo por vez primeira imaxes humanas na súa obra.
Kim García. Baixo e contrabaixo.
Xavier Díaz. Voz.
Luis Palacín. Harmónica.
Jivan Gasparyan. Duduk, (instrumento semellante a unha frauta). Armenia.
Kalman Balogh. Cimbalon, (semella unha cítola pero de maior tamaño). Hungría.
Markus Svensson Nickelharpa, (a cabalo entre un violín e unha zanfona). Suecia.

Tremendas as colaboracións, que se atopan sen dúbida ao nivel da calidade instrumental que atesouran os compoñentes do grupo e a rigurosidade con que desenvolven o seu traballo reflectíndose nas súas composicións.

 
O lugar. A antiga fábrica de Sargadelos é o espacio Hepta.
LUGAR:
O labor gráfico lévase a cabo no conxunto histórico de Sargadelos, ( Concello de Cervo), que representa o xérmolo do florecemento dunha industria renovada para Galicia, ¿connotacións políticas?. Asemade recupérase a figura do fundador da fábrica de Sargadelos: Antonio Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos. Abandeirado da revolución industrial galega, que foi asasinado por sospeitas de afrancesado, pasando a formar parte das páxinas máis escuras da historia do noso país.

 
O espacio. Cárcere do ar protexido.
DISCO:
Apócema Berrogüetto: paradoxo musical, tradición, modernidade, novo-vello, pasado-presente, pero sempre tratando de manter unha dose equilibrada entre o sonido da música tradicional e o seu salvaxe ideario que destila influencias diversas, (Jazz, pop, música electrónica, trip-hop, escoitade o regaliño que nos fan se deixades correr a derradeira pista do disco), conquerindo acrisolar tódalas fontes e destilar no alambique o son Berrogüetto. Caña de herba da que hai que beber.
Atopamos no disco a representación perfecta da creatividade musical máis renovada no que á música popular atinxe, dando lugar a que cada vez que o escoites atopes un novo seon, un novo matiz que fai que che guste máis, e máis, e máis, e máis, e máis, e máis, e máis,...
Estamos sen dúbida ante o mellor grupo galego da actualidade no que folk ou músicas do mundo, como lle gusta chamarlle aos gurús radiofónicos do ramo, se refire.
Conclusión: Simplemente sen defectos.


 
Making off de Hepta. Preme neste video de youtube.

 

 

 
arespires@hotmail.com

 
outros artigos/novas
Berrogüetto.10.0. Berrogüetto Música 2006.
Espello común do folc contemporáneo..
 enviar por e-mail   imprimir


comentarios
 
 19/01/2004 [06:01] Jan: onde carallo está a viaxe ó cebreiro?

Pichón, do Cebreiro o único que sei son os teus contos e o queixo que tiñas na casa. ¿Onde carrallo van as fotos?

E que sepas que aínda queda xente xoven por alí.

Bikos irmán e mais para a cuñada tamén.

Vémonos!

 
 19/02/2006 [05:02] akenvbdskg: gggggggggggggggggggggggggggggggggggggggggggggggggggyudtydt

fhÑEUIHHFVNPEFUPMVBNIUTYÑRVNÑAOVNDJFRNVC05559874 1968 KERWWWW QPOOERIIRE GUGGGGÑERURR QWERTYUIOPASDFGHJKLÑZXCVBNM,.-

 



novo comentario
 
Por favor, introduza o código de seguridade
nome
asunto
texto

identificación do usuario

axuda subscrición
nota legal
 
O AVE cando definitivamente?
No 2012 como sempre nos dixeron
No 2021 como penso eu...
Nunca, será un sucedáneo o que chegue
Ainda non temos nin idea.
ver resultados
 
os máis descargados
Nomes de mulleres
Escolma realizada por Mercedes Espiño Amil e publicada en O Correo Galego. Nós atopámola na páxina da MNL,www.amesanl.org
693 descargas
os luns ao sol
Baixa as fotos da rodaxe desta fita.
540 descargas
Pentágono
Cun chisco de humor, aínda que o caso igual non o merece, esta páxina que nos enviaron dubida da versión oficial do 11-S.
530 descargas
Nomes de homes
765 nomes de homes recollidos tamén por Mercedes Espiño Amil.
511 descargas
falaellas
Escoita un home a falar no dialecto do val do Xálima
464 descargas
ir ó área de descarga