ayudaafamiliasseparadashttp://ayudaafamiliasseparadas.fiestras.com

Berrogüetto. Hepta. Boa 2001.



E o ghetto volveu berrar, cuspindo dende o seu imaxinario máis profundo un terceiro traballo que é moito máis ca un disco: é Hepta.



Sete músicos, sete notas musicais, sete cores, sete as belas artes, sete os convidados e setenta veces sete as veces que vos ides masturbar mentalmente na escoita do devandito disco.

CONVIDADOS:
George Rousse. Artista parisino coñecido pola reinterpretación que realiza a traverso da fotografía ou pintura de espacios artísticos en ruínas ou á espera de restauración, que leva o peso do traballo gráfico na antiga fábrica de cerámicas de Sargadelos, introducindo por vez primeira imaxes humanas na súa obra.
Kim García. Baixo e contrabaixo.
Xavier Díaz. Voz.
Luis Palacín. Harmónica.
Jivan Gasparyan. Duduk, (instrumento semellante a unha frauta). Armenia.
Kalman Balogh. Cimbalon, (semella unha cítola pero de maior tamaño). Hungría.
Markus Svensson Nickelharpa, (a cabalo entre un violín e unha zanfona). Suecia.

Tremendas as colaboracións, que se atopan sen dúbida ao nivel da calidade instrumental que atesouran os compoñentes do grupo e a rigurosidade con que desenvolven o seu traballo reflectíndose nas súas composicións.

LUGAR:
O labor gráfico lévase a cabo no conxunto histórico de Sargadelos, ( Concello de Cervo), que representa o xérmolo do florecemento dunha industria renovada para Galicia, ¿connotacións políticas?. Asemade recupérase a figura do fundador da fábrica de Sargadelos: Antonio Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos. Abandeirado da revolución industrial galega, que foi asasinado por sospeitas de afrancesado, pasando a formar parte das páxinas máis escuras da historia do noso país.
O lugar. A antiga fábrica de Sargadelos é o espacio Hepta.

DISCO:
Apócema Berrogüetto: paradoxo musical, tradición, modernidade, novo-vello, pasado-presente, pero sempre tratando de manter unha dose equilibrada entre o sonido da música tradicional e o seu salvaxe ideario que destila influencias diversas, (Jazz, pop, música electrónica, trip-hop, escoitade o regaliño que nos fan se deixades correr a derradeira pista do disco), conquerindo acrisolar tódalas fontes e destilar no alambique o son Berrogüetto. Caña de herba da que hai que beber.
Atopamos no disco a representación perfecta da creatividade musical máis renovada no que á música popular atinxe, dando lugar a que cada vez que o escoites atopes un novo seon, un novo matiz que fai que che guste máis, e máis, e máis, e máis, e máis, e máis, e máis,...
Estamos sen dúbida ante o mellor grupo galego da actualidade no que folk ou músicas do mundo, como lle gusta chamarlle aos gurús radiofónicos do ramo, se refire.
Conclusión: Simplemente sen defectos.


O espacio. Cárcere do ar protexido.

Making off de Hepta. Preme neste video de youtube.



WEB:berrogüetto.com

arespires@hotmail.com


ayudaafamiliasseparadashttp://ayudaafamiliasseparadas.fiestras.com