galizarthttp://galizart.fiestras.com

“Miss Ourense” -Bieito Iglesias. Ed.:Galaxia.



Holmes non é máis ca un señorito aburrido, velaqui o auténtico detective.



Gumersindo Nespereira será de aquí en diante o noso icono na loita contra crime, dado que o antiheroe o que nos referimos non é doado de esquecer unha vez que o acompañamos polo Ourense dos 60, se cadra aínda recoñecible en parte hoxe en dia, as súas rúas , as festas populares, os persoeiros...
Esmorece o franquismo, aínda a ferida da emigración non deu pechado, o contrabando clandestino fronteirizo da de comer a moitas bocas e enche petos, e o metilico leva vidas por diante , este é o ambiente melancólico,abafante por momentos- coño!! pasas até frio entre a néboa invernal no amencer do Miño - ,debuxado con precisión, no que se mergulla Gumersindo o longo dos catro relatos que compoñen o libro . Somos presa do texto, engúlete,atrápate a cercania dos tipos memorables que se amosan a traves desta fiestra.
Sintes as hostias , a ironía, o humor de brocha gorda e a retranca do Nespereira como propias ,e claro, daquela xa estas secuestrado pola curiosidade ate o final.
Bieito Iglesias , ourensán, da Chavasqueira, -onde hoxe os xaponeses poñen en remollo os habitantes das Burgas nun complexo termal, todo muda – é quen de ternos en suspense o longo das diferentes historias que configuran o devir cotiá do noso Carvalho, e de amosar , palpar incluso, o cheiro do Ourense da súa infancia , e de regalarnos a Gumersindo Nespereira , o exemplar que nos faltaba no zoolóxico literario da novela negra en galego.
Quentiño do forno non sae o libro, verdade, pero se cadra mellor ainda, poderemos facernos con él por poucos cartos.O kilo de actualidade está polas nubes.

arespires@hotmail.com


galizarthttp://galizart.fiestras.com